Pentravesía:  cinco  viaxes,  cinco  intérpretes  con  espírito  innovador,  cinco  ventos  que sopran desde o mar e nos fan viaxar cos seus sons inspiradores.

Dentro do mundo da música de cámara hai formacións diversas, con maior ou menor número de intérpretes, e habitualmente cun común denominador para os instrumentos que os conforman. Historicamente a formación de quinteto de vento é das máis novas, aparecendo as primeiras composicións orixinais a principios do século XIX, afianzándose o  grupeto  no  século  XX  ao  convertirse  nunha  das  opcións  máis  recurridas  polos compositores de música para pequenos grupos do momento. O quinteto que hoxe coñecemos nace no 2016, cando os seus membros se xuntan coa vontade de cultivar música cunha dose importante de creatividade, implicación, diversión e profesionalidade. Teñen claro que xuntarse para tocar é fabuloso, e cando ademais cada un dos membros dá o mellor de si, implicándose man a man cos compañeiros, o resultado pode ser dunha gran calidade musical e humana.

Sabela Galbán, Sara Fernández, Daniel González, Ana Vergara e Javier Sánchez son os intérpretes  desta  formación,  onde  tamén  se  conxugan  orixes  diversas  como  Rianxo, Compostela, Pontevedra, O Rosal e Ávila. O común denominador dunha frauta, un óboe,un clarinete, unha trompa e un fagote.

Aínda  que  Pentravesía  conta  con  dous  anos  de  vida,  os  seus  membros  son  músicos experimentados no quefacer musical. Formados nos seos das bandas de música que os viron  medrar,  titulados  superiores  en  cadanseu  instrumento,  mestres  de  pequenos talentos e colaboradores habituais de bandas e orquestras sinfónicas do panorama estatal e internacional. Entre as diversas orquestras destacan: Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de  Galicia,  Orquestra  Gaos,  Orquestra  Sinfónica  430  de  Vigo,  Orquestra  Filharmónica Cidade de Pontevedra, Oviedo Filarmonía, Orquesta de Valencia, Orquesta Clásica Santa Cecilia, Mahler Chamber Orchestra, e xoves orquestras sinfónicas de Galicia, Cantabria, Castilla e León, Comunidade de Madrid e Holanda.

Grupo Beroly

 

 

Grupo Beroly, Sociedad Civil

Monasterio de Moraime,

8 - Bajo derecha. 

15010, A Coruña

España

 

Teléfono: +34 981 009 245

Móvil: 635 246 577

Servicios

 

 

Servicio Editorial

Trabajos de edición musical

Servicio corrección y maquetación

Servicio de ilustración

Management artistas

Tienda web

 

beroly@grupoberoly.com

© 2019 by Grupo Beroly, Sociedad Civil

  • Facebook